Saltar ao contido principal

JOB SHADOWING EN ITALIA

Do 22 ao 29 de maio, o profesor Carlos Costas, da especialidade de Metal do noso centro, está a realizar unha experiencia de job shadowing en Frosinone, cidade situada ao sur de Roma, dentro do programa Erasmus+.

Ao longo desta estadía, o docente ten a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento da Formación Profesional en Italia, observando metodoloxías de traballo, proxectos técnicos e a relación entre os centros educativos e o tecido empresarial da zona.

Frosinone, situada na rexión do Lacio, é unha cidade cun destacado desenvolvemento industrial e unha forte vinculación coa formación técnica e tecnolóxica. A experiencia desenvólvese nun centro de educación superior de referencia da zona, o que permite intercambiar boas prácticas e establecer contactos internacionais de cara a futuras colaboracións.

Este tipo de mobilidades Erasmus+ contribúen á internacionalización do centro, favorecen o intercambio de experiencias educativas e enriquecen a formación do profesorado, repercutindo de maneira positiva na aprendizaxe do alumnado.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRAZAS ERASMUS+ PROFESORADO CURSO 2025/26

Ábrese o prazo para persoal con docencia en formación profesional básica, ciclos medios e superiores do IES Plurilingüe A Paralaia, para presentar solicitudes para a unha mobilidade Erasmus+ no curso 2025/26. O prazo remata o venres día 12 de decembro. O xoves día 4 haberá unha reunión informativa ás 11:00 na sala de usos múltiples. Máis info:  Últimas convocatorias