Saltar ao contido principal

PROFESORADO DO IES A PARALAIA EN PORTUGAL

Os profesores do departamento de Electricidade, Geni Lorenzo e Ton Touza, xunto co profesor do departamento de Metal, Miguel Rodríguez, están a realizar estes días unha visita a diferentes empresas e centros de formación en Portugal no marco do programa Erasmus+.

O obxectivo desta mobilidade é coñecer de primeira man distintas experiencias formativas e establecer contactos que permitan abrir novas vías de colaboración internacional para o alumnado de Formación Profesional do IES Plurilingüe A Paralaia.

Durante a estancia, o profesorado está a manter reunións con responsables de empresas e institucións educativas portuguesas, explorando posibles acordos para futuras mobilidades, prácticas formativas e proxectos de cooperación vinculados ás especialidades de Electricidade e Metal.

Este tipo de iniciativas reforzan a aposta do centro pola internacionalización e pola creación de oportunidades que contribúan á formación integral do alumnado, facilitando experiencias profesionais e persoais nun contexto europeo.

Desde o IES Plurilingüe A Paralaia seguimos traballando para ampliar horizontes e ofrecer ao noso alumnado novas oportunidades de aprendizaxe e crecemento a través do programa Erasmus+.


     













Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRAZAS ERASMUS+ PROFESORADO CURSO 2025/26

Ábrese o prazo para persoal con docencia en formación profesional básica, ciclos medios e superiores do IES Plurilingüe A Paralaia, para presentar solicitudes para a unha mobilidade Erasmus+ no curso 2025/26. O prazo remata o venres día 12 de decembro. O xoves día 4 haberá unha reunión informativa ás 11:00 na sala de usos múltiples. Máis info:  Últimas convocatorias