Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2026

NOVAS OPORTUNIDADES ERASMUS+ EN POLONIA

O pasado mes de xuño, os profesores do departamento de Electricidade do IES Plurilingüe A Paralaia, Carlos Barberena e Raquel Pereira, viaxaron a Polonia co obxectivo de coñecer de primeira man as posibilidades que este país pode ofrecer para futuras mobilidades do noso alumnado no marco do programa Erasmus+ . Durante a súa estancia, centraron boa parte da súa visita en Cracovia , onde coñeceron diferentes empresas relacionadas cos sectores da electricidade, a electrónica e a automatización . Estas visitas permitiron achegarse á realidade profesional polaca, coñecer diferentes contornos de traballo e explorar posibles oportunidades de colaboración para que o alumnado dos ciclos formativos poida realizar no futuro estadías formativas e experiencias profesionais internacionais . Pero unha mobilidade Erasmus+ vai moito máis alá do ámbito académico e profesional. A estancia en Polonia foi tamén unha oportunidade para coñecer a cultura, a historia e o día a día de Cracovia , unha das cida...