Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

I FEIRA DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL MORRAZO

Hoxe o equipo Erasmus+ VET/HED do IES A Paralaia estivo na I Feira de Orientación Vocacional organizada no IES de Rodeira , en Cangas, xunto cos compañeiros deste centro e do IES Johan Carballeira . Foi unha xornada moi enriquecedora na que explicamos a todo o alumnado interesado as oportunidades que ofrece o programa Erasmus+ na FP: mobilidades, prácticas no estranxeiro, intercambio de experiencias e a posibilidade de ampliar horizontes persoais e profesionais. Seguimos apostando por abrir portas a Europa! 🌍✨

ALUMNO DE 1CSAF REGRESA DE LORIENT

  Markus Zbinden estivo duas semanas nun instituto en Lorient, grazas ao proxecto KA131-HED do noso centro, asistindo as súas clases. Unha experiencia intensa e moi motivadora. Xa está pensando en solicitar unha bolsa o vindeiro curso para facer as prácticas do ciclo. Fixo amizades, integrouse perfectamente na rutina do centro e mellorou a súa competencia lingüística en francés.  Máis info en  experiencias .

PRAZAS ERASMUS+ PARA PROFESORADO PROXECTO XUNTA

Á brese o prazo para persoal con docencia en formación profesional básica e ciclos medios , para presentar solicitudes para a unha mobilidade Erasmus+. A mobilidade ten que executarse antes do 31 de Maio de 2026.  Estas mobilidades ofértanse a través do proxecto do consorcio da Xunta de Galicia 2024-KA1-VET. O prazo para presentar solicitudes no noso centro, remata o venres día 13 de febreiro.  Máis info:  Últimas convocatorias