Saltar ao contido principal

Publicacións

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR UNHA BOLSA ERASMUS+ PARA PROFESORADO DE FP

  🌍📚 ABERTA A CONVOCATORIA ERASMUS+ 2026/27 PARA PROFESORADO E PERSOAL Queres coñecer outras metodoloxías, compartir experiencias con profesionais doutros países e seguir medrando profesionalmente? Xa está aberta a convocatoria Erasmus+ para realizar: 🔹 Job Shadowing en centros europeos. 🔹 Cursos de formación no estranxeiro . 📅 Prazo de presentación de solicitudes: Do 15 ao 30 de outubro de 2026 . 👩‍🏫 Destinado a profesorado e persoal con docencia en ciclos formativos e FP básica no centro que desexe participar en actividades de formación internacional e contribuír ao proceso de internacionalización do IES Plurilingüe A Paralaia. 💡 Aprende novas metodoloxías. 🌍 Amplía a túa visión europea da educación. 🤝 Crea redes de colaboración internacional. 🚀 Mellora a túa práctica profesional. 📩 Máis información: erasmusfp@paralaia.net Podes atopar a convocatoria e os enlaces para a solicitude aquí.

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR UNHA BOLSA ERASMUS+ EN FP

  🌍✈️ ABERTA A CONVOCATORIA ERASMUS+ 2026-2027 Gustaríache realizar a túa FCT no estranxeiro e vivir unha experiencia internacional única? Xa están abertas as convocatorias Erasmus+ para o alumnado de Formación Profesional do IES Plurilingüe A Paralaia! 🎓 Grao Básico e Grao Medio (KA121-VET) 🎓 Grao Superior (KA131-HED) 📅 Prazo de presentación de solicitudes: do 15 ao 23 de outubro de 2026. Erasmus+ ofréceche a oportunidade de: ✅ Mellorar as túas competencias profesionais. ✅ Coñecer novas culturas. ✅ Adquirir experiencia internacional. ✅ Impulsar o teu futuro laboral. Non perdas esta oportunidade de aprender, medrar profesionalmente e vivir unha experiencia que pode marcar a diferenza no teu futuro! 📩 Máis información: erasmusfp@paralaia.net 🌐 Máis información e acceso ás convocatorias aquí

ERASMUS DAYS NO IES PLURILINGÜE A PARALAIA

Os días 15 e 16 de Outubro celébranse os Erasmus Days no noso centro. Unha oportunidade para coñecer que ofrece Erasmus aos nosos alumnos e alumnas de Formación Profesional, e tamén para o profesorado que lles imparte docencia.

XORNADAS PROXECTOS KA121VET EN JAÉN (SEPIE)

  O IES A Paralaia participa nas XORNADAS de MOBILIDADE ERASMUS+ de FORMACIÓN PROFESIONAL Os días 7 e 8 de outubro , a cidade de Jaén acolleu as xornadas de proxectos de mobilidade Erasmus+ no sector da Formación Profesional, organizadas polo SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación) , coa participación de máis de 500 docentes e profesionais da FP de todo o Estado. O IES A Paralaia estivo presente nestas xornadas da man de Carlos Barberena , profesor do Departamento de Electricidade e membro do equipo Erasmus+ do centro. O encontro constituíu un importante espazo de formación, intercambio de experiencias e posta en común de boas prácticas entre os centros e organizacións que participan nos proxectos de mobilidade Erasmus+ de Formación Profesional. Ao longo das xornadas abordáronse cuestións fundamentais para a posta en marcha e xestión dos proxectos Erasmus+, como a organización das mobilidades, a inclusión, o seguimento dos participantes, a xestión dos pr...

ENCONTRO DO CONSORCIO ERASMUS+ DA DEPUTACIÓN

  O IES A Paralaia participa no encontro do Consorcio Erasmus+ da Deputación de Pontevedra O pasado 29 de setembro de 2026 , representantes do equipo Erasmus+ VET do IES A Paralaia participaron no encontro do Consorcio Erasmus+ da Deputación de Pontevedra, celebrado no Pazo Provincial, en Pontevedra. A xornada reuniu representantes dos centros educativos que forman parte deste consorcio e permitiu compartir experiencias, poñer en común aprendizaxes e facer balance do traballo desenvolvido ao longo deste período , así como coñecer os resultados e o impacto das diferentes mobilidades realizadas. O encontro contou coa participación do presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, nunha xornada na que tamén se fixo entrega dos diplomas ás persoas beneficiarias da presente edición do programa. Actualmente, o consorcio está integrado por 43 centros de Formación Profesional de 24 concellos da provincia , entre os que se atopa o IES A Paralaia. Un espazo para compartir e aprender Un...

NOVAS OPORTUNIDADES ERASMUS+ EN POLONIA

O pasado mes de xuño, os profesores do departamento de Electricidade do IES Plurilingüe A Paralaia, Carlos Barberena e Raquel Pereira, viaxaron a Polonia co obxectivo de coñecer de primeira man as posibilidades que este país pode ofrecer para futuras mobilidades do noso alumnado no marco do programa Erasmus+ . Durante a súa estancia, centraron boa parte da súa visita en Cracovia , onde coñeceron diferentes empresas relacionadas cos sectores da electricidade, a electrónica e a automatización . Estas visitas permitiron achegarse á realidade profesional polaca, coñecer diferentes contornos de traballo e explorar posibles oportunidades de colaboración para que o alumnado dos ciclos formativos poida realizar no futuro estadías formativas e experiencias profesionais internacionais . Pero unha mobilidade Erasmus+ vai moito máis alá do ámbito académico e profesional. A estancia en Polonia foi tamén unha oportunidade para coñecer a cultura, a historia e o día a día de Cracovia , unha das cida...

JOB SHADOWING EN ITALIA

Do 22 ao 29 de maio, o profesor Carlos Costas, da especialidade de Metal do noso centro, está a realizar unha experiencia de job shadowing en Frosinone, cidade situada ao sur de Roma, dentro do programa Erasmus+. Ao longo desta estadía, o docente ten a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento da Formación Profesional en Italia, observando metodoloxías de traballo, proxectos técnicos e a relación entre os centros educativos e o tecido empresarial da zona. Frosinone, situada na rexión do Lacio, é unha cidade cun destacado desenvolvemento industrial e unha forte vinculación coa formación técnica e tecnolóxica. A experiencia desenvólvese nun centro de educación superior de referencia da zona, o que permite intercambiar boas prácticas e establecer contactos internacionais de cara a futuras colaboracións. Este tipo de mobilidades Erasmus+ contribúen á internacionalización do centro, favorecen o intercambio de experiencias educativas e enriquecen a formación do profesorado, re...