Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2026

ALUMNOS FRANCESES DE ERASMUS EN GALICIA

O noso centro recibiu estes días a dous estudantes procedentes de Lycée La Fontaine des Eaux (Dinan, Francia), que realizarán as súas prácticas formativas en Galicia grazas á colaboración do equipo Erasmus+ do IES Plurilingüe A Paralaia . A súa estancia na empresa desenvolverase entre o 27 de abril e o 29 de maio, período durante o cal terán a oportunidade de adquirir experiencia profesional, mellorar as súas competencias e coñecer de primeira man a nosa contorna laboral e cultural. Agardamos que esta experiencia sexa moi enriquecedora tanto a nivel persoal como profesional, e que poidan aproveitar ao máximo esta oportunidade, gozando e aprendendo durante a súa estancia.

JOBSHADOWING EN BERLÍN

O profesor do departamento de Formación e Orientación Laboral do noso centro, David Silva, atópase esta semana en Berlín (Alemaña), na Fritz Karsen Schule , participando nunha mobilidade Erasmus+ no marco do proxecto 2025-1-ES01-KA131-HED-000311579 . Durante a súa estancia, está a observar e participar en diversas actividades relacionadas coa orientación vocacional, co obxectivo de coñecer novas metodoloxías e intercambiar boas prácticas que poidan enriquecer o traballo desenvolvido no noso centro.         

ERASMUS+ EN VARSOVIA

  O alumno do noso ciclo superior de Administración e Finanzas, Borja Santiago, atópase en Varsovia desde o pasado 26 de febreiro para realizar as súas prácticas en empresa grazas ao proxecto KA131 HED do noso centro. Durante a súa estadía, Borja está a traballar nunha empresa relacionada co sector turístico, o que lle permite adquirir experiencia real no ámbito profesional, ao tempo que mellora as súas destrezas idiomáticas e se mergulla nun contexto internacional. A súa experiencia está a ser moi positiva e enriquecedora, non só a nivel académico e laboral, senón tamén persoal. Vivir nunha cidade como Varsovia dálle a oportunidade de descubrir unha nova cultura, coñecer xente doutros países e ampliar horizontes. Participar nun programa Erasmus+ supón, ademais, un importante valor engadido para o currículo: mellora a autonomía, fortalece as habilidades sociais e profesionais e fomenta a capacidade de adaptación a novos contornos. Así mesmo, ofrece a posibilidade de viaxar e vi...

ALUMNO DE FP BÁSICA EN VIENA

O alumno Aarón Alonso, de 2º FPB de Informática de Oficina do IES A Paralaia, viaxou o pasado 14 de marzo a Viena para realizar as súas prácticas nunha empresa situada nesta cidade. Durante os primeiros días estivo acompañado pola coordinadora de Erasmus+ VET/HED do centro, quen lle axudou no proceso de adaptación, facilitando a súa instalación e presentándoo na empresa na que desenvolverá a súa formación ata o vindeiro 30 de maio. Ata o momento, Aarón amósase moi satisfeito coa experiencia Erasmus+, gozando dunha cidade cunha intensa vida cultural e aproveitando a oportunidade para mellorar as súas competencias idiomáticas. Ademais, está a compartir esta vivencia con outros compañeiros en prácticas procedentes de distintos países, o que enriquece aínda máis a súa estadía. Trátase, sen dúbida, dunha experiencia moi positiva tanto a nivel persoal como profesional, xa que Aarón destaca tamén o seu alto grao de satisfacción coa empresa, onde asegura estar a aprender moito cada día.