Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2025

CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA FCT PARA ALUMNADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Ábrese o prazo para presentar solicitudes para realizar a FCT cunha mobilidade Erasmus+ no curso 2025/26. O profesorado que forma parte do equipo Erasmus VET/HED informará ao alumnado de FP básica, CMs e CSs sobre o procedemento, e as solicitudes deberán presentarse a través da aula virtual de instituto entre o 6 e o 30 de Outubro.  Convocatorias

PROMOCIÓN DE EINDHOVEN NO IES PLURILINGÜE A PARALAIA

  O mércores día 1 de Outubro visitou o noso centro Tinus van de Pas, da empresa T Talent, para dar unha charla ao alumnado dos ciclos medios de instalacións eléctricas e automáticas e de mecanizado sobre as oportunidades que hai para eles e elas na rexión de Brainport, en Eindhoven.  Tratouse dunha presentación moi motivadora para animar aos rapaces e rapazas a que aproveiten as oportunidades que o programa Erasmus+ lles ofrece, e que pensen nos Países Baixos como unha boa opción para comezar a súa vida profesional. 

XORNADAS DE MOBILIDADE ERASMUS+ DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Os días 30 de Setembro e 1 de Outubro de 2025 celebráronse en Carmona, Sevilla, as xornadas de mobilidade Erasmus+ de Formación Profesional organizadas polo SEPIE. A estas xornadas asistiu en representación do IES Plurilingüe A Paralaia, Raquel Pereira, coordinadora Erasmus VET/HED do noso centro.  As xornadas consistiron nunha formación intensiva para coñecer as ferramentas que nos permitirán xestionar o proxecto KA121VET que temos en marcha, así como un punto de encontro con outros compañeiros para compartir experiencias.