Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

JOB SHADOWING EN ITALIA

Do 22 ao 29 de maio, o profesor Carlos Costas, da especialidade de Metal do noso centro, está a realizar unha experiencia de job shadowing en Frosinone, cidade situada ao sur de Roma, dentro do programa Erasmus+. Ao longo desta estadía, o docente ten a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento da Formación Profesional en Italia, observando metodoloxías de traballo, proxectos técnicos e a relación entre os centros educativos e o tecido empresarial da zona. Frosinone, situada na rexión do Lacio, é unha cidade cun destacado desenvolvemento industrial e unha forte vinculación coa formación técnica e tecnolóxica. A experiencia desenvólvese nun centro de educación superior de referencia da zona, o que permite intercambiar boas prácticas e establecer contactos internacionais de cara a futuras colaboracións. Este tipo de mobilidades Erasmus+ contribúen á internacionalización do centro, favorecen o intercambio de experiencias educativas e enriquecen a formación do profesorado, re...

PROFESORADO DO IES A PARALAIA EN PORTUGAL

Os profesores do departamento de Electricidade, Geni Lorenzo e Ton Touza, xunto co profesor do departamento de Metal, Miguel Rodríguez, están a realizar estes días unha visita a diferentes empresas e centros de formación en Portugal no marco do programa Erasmus+. O obxectivo desta mobilidade é coñecer de primeira man distintas experiencias formativas e establecer contactos que permitan abrir novas vías de colaboración internacional para o alumnado de Formación Profesional do IES Plurilingüe A Paralaia. Durante a estancia, o profesorado está a manter reunións con responsables de empresas e institucións educativas portuguesas, explorando posibles acordos para futuras mobilidades, prácticas formativas e proxectos de cooperación vinculados ás especialidades de Electricidade e Metal. Este tipo de iniciativas reforzan a aposta do centro pola internacionalización e pola creación de oportunidades que contribúan á formación integral do alumnado, facilitando experiencias profesionais e persoais ...