Saltar ao contido principal

ALUMNO DE FP BÁSICA EN VIENA



O alumno Aarón Alonso, de 2º FPB de Informática de Oficina do IES A Paralaia, viaxou o pasado 14 de marzo a Viena para realizar as súas prácticas nunha empresa situada nesta cidade.

Durante os primeiros días estivo acompañado pola coordinadora de Erasmus+ VET/HED do centro, quen lle axudou no proceso de adaptación, facilitando a súa instalación e presentándoo na empresa na que desenvolverá a súa formación ata o vindeiro 30 de maio.

Ata o momento, Aarón amósase moi satisfeito coa experiencia Erasmus+, gozando dunha cidade cunha intensa vida cultural e aproveitando a oportunidade para mellorar as súas competencias idiomáticas. Ademais, está a compartir esta vivencia con outros compañeiros en prácticas procedentes de distintos países, o que enriquece aínda máis a súa estadía.

Trátase, sen dúbida, dunha experiencia moi positiva tanto a nivel persoal como profesional, xa que Aarón destaca tamén o seu alto grao de satisfacción coa empresa, onde asegura estar a aprender moito cada día.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRAZAS ERASMUS+ PROFESORADO CURSO 2025/26

Ábrese o prazo para persoal con docencia en formación profesional básica, ciclos medios e superiores do IES Plurilingüe A Paralaia, para presentar solicitudes para a unha mobilidade Erasmus+ no curso 2025/26. O prazo remata o venres día 12 de decembro. O xoves día 4 haberá unha reunión informativa ás 11:00 na sala de usos múltiples. Máis info:  Últimas convocatorias