Saltar ao contido principal

ERASMUS+ EN VARSOVIA

 


O alumno do noso ciclo superior de Administración e Finanzas, Borja Santiago, atópase en Varsovia desde o pasado 26 de febreiro para realizar as súas prácticas en empresa grazas ao proxecto KA131 HED do noso centro.

Durante a súa estadía, Borja está a traballar nunha empresa relacionada co sector turístico, o que lle permite adquirir experiencia real no ámbito profesional, ao tempo que mellora as súas destrezas idiomáticas e se mergulla nun contexto internacional.

A súa experiencia está a ser moi positiva e enriquecedora, non só a nivel académico e laboral, senón tamén persoal. Vivir nunha cidade como Varsovia dálle a oportunidade de descubrir unha nova cultura, coñecer xente doutros países e ampliar horizontes.

Participar nun programa Erasmus+ supón, ademais, un importante valor engadido para o currículo: mellora a autonomía, fortalece as habilidades sociais e profesionais e fomenta a capacidade de adaptación a novos contornos. Así mesmo, ofrece a posibilidade de viaxar e vivir experiencias únicas que deixan pegada para toda a vida.

Sen dúbida, unha oportunidade moi recomendable para todo o alumnado que queira medrar tanto persoal como profesionalmente.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRAZAS ERASMUS+ PROFESORADO CURSO 2025/26

Ábrese o prazo para persoal con docencia en formación profesional básica, ciclos medios e superiores do IES Plurilingüe A Paralaia, para presentar solicitudes para a unha mobilidade Erasmus+ no curso 2025/26. O prazo remata o venres día 12 de decembro. O xoves día 4 haberá unha reunión informativa ás 11:00 na sala de usos múltiples. Máis info:  Últimas convocatorias