Xa está publicado no taboleiro e nos seguintes links as listaxes provisionais de solicitudes seleccionadas para participar nunha mobilidade Erasmus+ grazas aos proxectos que leva a cabo o noso centro no presente curso académico. Pódense presentar alegacións hasta o día 18 de Decembro.
O mércores día 1 de Outubro visitou o noso centro Tinus van de Pas, da empresa T Talent, para dar unha charla ao alumnado dos ciclos medios de instalacións eléctricas e automáticas e de mecanizado sobre as oportunidades que hai para eles e elas na rexión de Brainport, en Eindhoven. Tratouse dunha presentación moi motivadora para animar aos rapaces e rapazas a que aproveiten as oportunidades que o programa Erasmus+ lles ofrece, e que pensen nos Países Baixos como unha boa opción para comezar a súa vida profesional.
Comentarios
Publicar un comentario