Saltar ao contido principal

Martín e Pablo regresan de Malta tras unha enriquecedora experiencia Erasmus+

Martín Herbello e Pablo Entenza, alumnos do ciclo medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas do IES Plurilingüe A Paralaia, veñen de regresar de Malta tras completar dous meses e medio de prácticas nunha empresa en Valleta, grazas a un proxecto KA121-VET Erasmus+.

Durante a súa estancia, puideron poñer en práctica os coñecementos adquiridos no ciclo formativo, mellorar as súas competencias profesionais e, ao mesmo tempo, vivir unha experiencia cultural única noutro país europeo. Ademais, tiveron a oportunidade de mellorar o seu nivel de inglés convivindo e traballando nun entorno internacional.

Ambos os dous destacan a experiencia como moi positiva e animan a outros compañeiros e compañeiras a aproveitar esta oportunidade: “É unha experiencia que paga a pena. Aprendes moito, tanto a nivel profesional como persoal”.

No IES Plurilingüe A Paralaia seguimos traballando para que o noso alumnado poida seguir desfrutando destas oportunidades que ofrece o programa Erasmus+.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

ACREDITACIÓN KA120-VET

Recentemente publicouse o listado provisional de centros acreditados para solicitar proxectos propios de mobilidade para alumnado e persoal de Ciclos Medios e Formación Profesional Básica. O IES Plurilingüe A Paralaia, que xa ten experiencia previa en estas mobilidades a través dos consorcios da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra, aparece como centro seleccionado. Isto abrirá posibilidades moi interesantes para a nosa comunidade educativa. Informaremos das novas próximamente.

ACREDITACIÓN KA120-SCH

O equipo Erasmus+ do noso IES segue traballando para lograr a acreditación no ámbito escolar, que permitirá abrir novas oportunidades para o noso alumnado de secundaria e Bacharelato, así como para o persoal que desexe realizar cursos de formación ou aprendizaxe por observación noutros países.  Lamentablemente a puntuación obtida na solicitude feita en Outubro de 2024 non foi suficiente, pero sábese onde se pode mellorar. Mentras trabállase na solicitude dun proxecto de curta duración KA122-SCH que se fará no mes de Febreiro de 2025, esperando obter así recursos para que se poidan realizar actividades Erasmus+ o vindeiro curso 2025/26.