O profesor do Ciclo Medio de Mecanizado do IES Plurilingüe A Paralaia, Carlos Costas, atópase estes días en Novara, Italia, grazas ao proxecto 2023-1-ES01-KA121-VET-000147461 visitando o Istituto Tecnico Industriale G. OMAR, coñecendo a súa forma de traballar, os seus medios e instalacións, así como establecendo contactos para abrir novos destinos ao noso alumnado que desexe facer as súas FCT no estranxeiro.
Ábrese o prazo para persoal con docencia en formación profesional básica, ciclos medios e superiores do IES Plurilingüe A Paralaia, para presentar solicitudes para a unha mobilidade Erasmus+ no curso 2025/26. O prazo remata o venres día 12 de decembro. O xoves día 4 haberá unha reunión informativa ás 11:00 na sala de usos múltiples. Máis info: Últimas convocatorias


Comentarios
Publicar un comentario