Saltar ao contido principal

VISITA A EINDHOVEN



A profesora do Departamento de Electricidade, Raquel Pereira, estivo en Eindhoven dentro do programa de mobilidade de alumnado e profesorado europeo Erasmus+.

Visitou empresas do grupo VDL, concretamente as áreas de solucións de transporte, VDL ETS, que fabrican un autobús completamente eléctrico (a nova versión chámase CITEA) e cun proxecto de desenvolvemento de camión eléctrico con combustible de hidróxeno.

Tamén estivo en Born, ao sur do país, para visitar outra empresa do grupo, VDL NedCar, na que se fabrica actualmente o Mini Countryman e o BMW X1, para ver todo o proceso de automatización da liña de fabricación.

Nesta empresa teñen algúns enxeñeiros titulados españois e, ademais, un par de estudantes da especialidade de mecanizado facendo alí as prácticas da Formación en Centros de Traballo.

Nos Países Baixos non hai paro, necesitan man de obra en todos os sectores. Están moi interesados en que lles poidamos enviar estudantes a facer alí prácticas ou traballar unha vez rematados aquí os seus estudos. De feito, agora mesmo non poden desenvolver todos os proxectos que teñen en marcha como lles gustaría por falta de persoal. Digamos que o obxectivo da visita era ese, convencernos desa boa oportunidade para o noso alumnado e poñerse á nosa disposición para facilitar ese proceso.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DE EINDHOVEN NO IES PLURILINGÜE A PARALAIA

  O mércores día 1 de Outubro visitou o noso centro Tinus van de Pas, da empresa T Talent, para dar unha charla ao alumnado dos ciclos medios de instalacións eléctricas e automáticas e de mecanizado sobre as oportunidades que hai para eles e elas na rexión de Brainport, en Eindhoven.  Tratouse dunha presentación moi motivadora para animar aos rapaces e rapazas a que aproveiten as oportunidades que o programa Erasmus+ lles ofrece, e que pensen nos Países Baixos como unha boa opción para comezar a súa vida profesional. 

PRAZAS ERASMUS+ PROFESORADO CURSO 2025/26

Ábrese o prazo para persoal con docencia en formación profesional básica, ciclos medios e superiores do IES Plurilingüe A Paralaia, para presentar solicitudes para a unha mobilidade Erasmus+ no curso 2025/26. O prazo remata o venres día 12 de decembro. O xoves día 4 haberá unha reunión informativa ás 11:00 na sala de usos múltiples. Máis info:  Últimas convocatorias

CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA FCT PARA ALUMNADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Ábrese o prazo para presentar solicitudes para realizar a FCT cunha mobilidade Erasmus+ no curso 2025/26. O profesorado que forma parte do equipo Erasmus VET/HED informará ao alumnado de FP básica, CMs e CSs sobre o procedemento, e as solicitudes deberán presentarse a través da aula virtual de instituto entre o 6 e o 30 de Outubro.  Convocatorias