Saltar ao contido principal

I FEIRA DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL MORRAZO


Hoxe o equipo Erasmus+ VET/HED do IES A Paralaia estivo na I Feira de Orientación Vocacional organizada no IES de Rodeira, en Cangas, xunto cos compañeiros deste centro e do IES Johan Carballeira.

Foi unha xornada moi enriquecedora na que explicamos a todo o alumnado interesado as oportunidades que ofrece o programa Erasmus+ na FP: mobilidades, prácticas no estranxeiro, intercambio de experiencias e a posibilidade de ampliar horizontes persoais e profesionais.

Seguimos apostando por abrir portas a Europa! 🌍✨


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRAZAS ERASMUS+ PROFESORADO CURSO 2025/26

Ábrese o prazo para persoal con docencia en formación profesional básica, ciclos medios e superiores do IES Plurilingüe A Paralaia, para presentar solicitudes para a unha mobilidade Erasmus+ no curso 2025/26. O prazo remata o venres día 12 de decembro. O xoves día 4 haberá unha reunión informativa ás 11:00 na sala de usos múltiples. Máis info:  Últimas convocatorias