Saltar ao contido principal

CONVOCATORIA PRAZAS MOBILIDADES ERASMUS+ PROFESORADO FP GRADO MEDIO E BÁSICO

Ábrese o prazo para presentar solicitudes para mobilidades de aprendizaxe por observación ou cursos formativos, dentro do proxecto 2023-1-ES01-KA121-VET-000147461. 

PRAZOS:

  • O prazo para presentar as solicitudes remata o mércores 23 de abril. 
  • O día 24 publicarase a acta provisional e haberá 3 días naturais para reclamacións.
  • O día 28 publicarase a acta definitiva de persoal do noso centro seleccionadas.
  • Haberá que esperar a que o departamento de Programas Internacionais publique as mobilidades concedidas.  
  • As mobilidades deberán estar finalizadas antes do 31 de Maio.

O profesorado que desexe solicitar unha mobilidade deberá encargarse de buscar centro de acollida para aprendizaxe por observación ou curso reglado segundo o que se especifica nas bases da convocatoria.

Na resolución que podedes atopar na lapela de "Últimas convocatorias" está toda a información da convocatoria así como o baremo. Dado o limitado dos prazos as solicitudes que se presenten deben vir preferiblemente asinadas electrónicamente e acompañadas de:

  • Autobaremo
  • Documentación xustificativa dos méritos alegados
  • Certificado de titularidade de conta bancaria
  • Copia do DNI


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRAZAS ERASMUS+ PROFESORADO CURSO 2025/26

Ábrese o prazo para persoal con docencia en formación profesional básica, ciclos medios e superiores do IES Plurilingüe A Paralaia, para presentar solicitudes para a unha mobilidade Erasmus+ no curso 2025/26. O prazo remata o venres día 12 de decembro. O xoves día 4 haberá unha reunión informativa ás 11:00 na sala de usos múltiples. Máis info:  Últimas convocatorias