Saltar ao contido principal

PUBLICADA A RESOLUCIÓN DOS KA120-VET SELECCIONADOS


O pasado 14 de Febreiro publicouse a resolución definitiva dos KA120. O IES Plurilingüe A Paralaia está de noraboa, xa que logrou a acreditación no ámbito de Formación Profesional. Isto abre novas oportunidades de financiación para proxectos acreditados KA121-VET nos vindeiros cursos escolares. 

Lamentablemente non se logrou no ámbito Escolar, no que é moito máis complicado polo elevado número de centros e solicitudes, pero non nos damos por vencidos e actualmente hai un equipo comprometido traballando para mellorar a solicitude presentada no 2024. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRAZAS ERASMUS+ PROFESORADO CURSO 2025/26

Ábrese o prazo para persoal con docencia en formación profesional básica, ciclos medios e superiores do IES Plurilingüe A Paralaia, para presentar solicitudes para a unha mobilidade Erasmus+ no curso 2025/26. O prazo remata o venres día 12 de decembro. O xoves día 4 haberá unha reunión informativa ás 11:00 na sala de usos múltiples. Máis info:  Últimas convocatorias