Saltar ao contido principal

FCT do CM IEA en Alemaña

O alumno do IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña, Luis Xavier Magallanes, regresou esta semana da súa estancia de tres meses en Cuxhaven, Alemaña. Luis estivo realizando, grazas ao programa Erasmus+, as prácticas finais correspondentes co módulo de Formación en Centros de Traballo do Ciclo Medio en Instalacións Eléctricas e Automáticas. 


Cuxhaven é unha cidade do norte de Alemaña, preto de Bremen e Hamburgo. O alumno desenvolveu os coñecementos adquiridos no instituto de xeito satisfactorio na empresa de instalacións eléctricas Elektrobau Wilhelm Grebe GmbH.


Despois deste período de tempo no estranxeiro desexa animar a outros alumnos para que aproveiten esta experiencia tan enriquecedora e gratificante. Todo o alumnado de formación profesional ten que facer estas prácticas ao rematar a súa formación, e o programa Erasmus+ facilita os fondos para cubrir os gastos de viaxe e estancia fóra do país de orixe. Deste xeito ademais de traballar e completar a súa formación, os alumnos e alumnas poden vivir a experiencia cultural e mellorar as súas competencias lingüísticas.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRAZAS ERASMUS+ PROFESORADO CURSO 2025/26

Ábrese o prazo para persoal con docencia en formación profesional básica, ciclos medios e superiores do IES Plurilingüe A Paralaia, para presentar solicitudes para a unha mobilidade Erasmus+ no curso 2025/26. O prazo remata o venres día 12 de decembro. O xoves día 4 haberá unha reunión informativa ás 11:00 na sala de usos múltiples. Máis info:  Últimas convocatorias