Saltar ao contido principal

Publicacións

ALUMNO DE 1CSAF REGRESA DE LORIENT

  Markus Zbinden estivo duas semanas nun instituto en Lorient, grazas ao proxecto KA131-HED do noso centro, asistindo as súas clases. Unha experiencia intensa e moi motivadora. Xa está pensando en solicitar unha bolsa o vindeiro curso para facer as prácticas do ciclo. Fixo amizades, integrouse perfectamente na rutina do centro e mellorou a súa competencia lingüística en francés.  Máis info en  experiencias .

PRAZAS ERASMUS+ PARA PROFESORADO PROXECTO XUNTA

Á brese o prazo para persoal con docencia en formación profesional básica e ciclos medios , para presentar solicitudes para a unha mobilidade Erasmus+. A mobilidade ten que executarse antes do 31 de Maio de 2026.  Estas mobilidades ofértanse a través do proxecto do consorcio da Xunta de Galicia 2024-KA1-VET. O prazo para presentar solicitudes no noso centro, remata o venres día 13 de febreiro.  Máis info:  Últimas convocatorias

ERASMUS+ NO IES A PARALAIA

 

PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES DE PERSOAL E DOCENTES

Xa está publicado no taboleiro e nos seguintes links as listaxes provisionais de solicitudes seleccionadas para participar nunha mobilidade Erasmus+ grazas aos proxectos que leva a cabo o noso centro no presente curso académico. Pódense presentar alegacións hasta o día 18 de Decembro.  KA131HED KA121VET