Saltar ao contido principal

CONVOCATORIA PRAZAS MOBILIDADES ERASMUS+ PROFESORADO CICLOS GRAO SUPERIOR

Ábrese o prazo para presentar solicitudes para mobilidades de aprendizaxe por observación ou cursos formativos, dentro do proxecto 2023-1-ES01-KA131-HED-000147436. 

PRAZOS:

  • O prazo para presentar as solicitudes remata o luns 5 de maio. 
  • O día 6 publicarase a acta provisional e haberá 3 días naturais para reclamacións.
  • O día 9 publicarase a acta definitiva de persoal do noso centro seleccionadas.
  • Haberá que esperar a que o departamento de Programas Internacionais publique as mobilidades concedidas.  
  • As mobilidades deberán estar finalizadas antes do 31 de Xullo.

O profesorado que desexe solicitar unha mobilidade deberá encargarse de buscar centro de acollida para aprendizaxe por observación ou curso reglado segundo o que se especifica nas bases da convocatoria.

Na resolución que podedes atopar na lapela de "Últimas convocatorias" está toda a información da convocatoria así como o baremo. As solicitudes que se presenten deben vir preferiblemente asinadas electrónicamente e acompañadas de:

  • Autobaremo
  • Documentación xustificativa dos méritos alegados
  • Certificado de titularidade de conta bancaria
  • Copia do DNI


Comentarios

Publicacións populares deste blog

ACREDITACIÓN KA120-VET

Recentemente publicouse o listado provisional de centros acreditados para solicitar proxectos propios de mobilidade para alumnado e persoal de Ciclos Medios e Formación Profesional Básica. O IES Plurilingüe A Paralaia, que xa ten experiencia previa en estas mobilidades a través dos consorcios da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra, aparece como centro seleccionado. Isto abrirá posibilidades moi interesantes para a nosa comunidade educativa. Informaremos das novas próximamente.

ACREDITACIÓN KA120-SCH

O equipo Erasmus+ do noso IES segue traballando para lograr a acreditación no ámbito escolar, que permitirá abrir novas oportunidades para o noso alumnado de secundaria e Bacharelato, así como para o persoal que desexe realizar cursos de formación ou aprendizaxe por observación noutros países.  Lamentablemente a puntuación obtida na solicitude feita en Outubro de 2024 non foi suficiente, pero sábese onde se pode mellorar. Mentras trabállase na solicitude dun proxecto de curta duración KA122-SCH que se fará no mes de Febreiro de 2025, esperando obter así recursos para que se poidan realizar actividades Erasmus+ o vindeiro curso 2025/26.