A profesora do Departamento de Administración e Finanzas do IES A Paralaia, Delia Villamor, estivo, xunto con outros 23 profesores da comunidade autónoma galega, unha semana en Bosnia e Hercegovina, grazas ao proxecto 2020-1-ES01-KA107-079729. Unha experiencia enriquecedora visitando centros educativos con intereses comúns. Concretamente a nosa compañeira estivo no "Logos centar" College en Mostar, aínda que tamén visitou outro centro, o CEPS - Center for Business Studies, en Kiseljak, preto de Sarajevo.
O mércores día 1 de Outubro visitou o noso centro Tinus van de Pas, da empresa T Talent, para dar unha charla ao alumnado dos ciclos medios de instalacións eléctricas e automáticas e de mecanizado sobre as oportunidades que hai para eles e elas na rexión de Brainport, en Eindhoven. Tratouse dunha presentación moi motivadora para animar aos rapaces e rapazas a que aproveiten as oportunidades que o programa Erasmus+ lles ofrece, e que pensen nos Países Baixos como unha boa opción para comezar a súa vida profesional.

Comentarios
Publicar un comentario