Saltar ao contido principal

Publicacións

Martín e Pablo regresan de Malta tras unha enriquecedora experiencia Erasmus+

Martín Herbello e Pablo Entenza, alumnos do ciclo medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas do IES Plurilingüe A Paralaia, veñen de regresar de Malta tras completar dous meses e medio de prácticas nunha empresa en Valleta, grazas a un proxecto KA121-VET Erasmus+ . Durante a súa estancia, puideron poñer en práctica os coñecementos adquiridos no ciclo formativo, mellorar as súas competencias profesionais e, ao mesmo tempo, vivir unha experiencia cultural única noutro país europeo. Ademais, tiveron a oportunidade de mellorar o seu nivel de inglés convivindo e traballando nun entorno internacional. Ambos os dous destacan a experiencia como moi positiva e animan a outros compañeiros e compañeiras a aproveitar esta oportunidade : “É unha experiencia que paga a pena. Aprendes moito, tanto a nivel profesional como persoal”. No IES Plurilingüe A Paralaia seguimos traballando para que o noso alumnado poida seguir desfrutando destas oportunidades que ofrece o programa Erasmus+.

VISITA A NOVARA (ITALIA)

O profesor do Ciclo Medio de Mecanizado do IES Plurilingüe A Paralaia, Carlos Costas, atópase estes días en Novara, Italia, grazas ao proxecto  2023-1-ES01-KA121-VET-000147461  visitando o Istituto Tecnico Industriale G. OMAR, coñecendo a súa forma de traballar, os seus medios e instalacións, así como establecendo contactos para abrir novos destinos ao noso alumnado que desexe facer as súas FCT no estranxeiro. 

CONVOCATORIA PRAZAS MOBILIDADES ERASMUS+ PROFESORADO CICLOS GRAO SUPERIOR

Ábrese o prazo para presentar solicitudes para mobilidades de aprendizaxe por observación ou cursos formativos, dentro do proxecto   2023-1-ES01-KA131-HED-000147436.  PRAZOS: O prazo para  presentar as solicitudes  remata o  luns 5 de maio.   O día 6  publicarase a  acta provisional  e haberá 3 días naturais para reclamacións. O día 9  publicarase a  acta definitiva  de persoal do noso centro seleccionadas. Haberá que esperar a que o departamento de Programas Internacionais publique as mobilidades concedidas.   As mobilidades deberán estar finalizadas  antes do 31 de Xullo. O profesorado que desexe solicitar unha mobilidade deberá encargarse de buscar centro de acollida para aprendizaxe por observación ou curso reglado segundo o que se especifica nas bases da convocatoria. Na resolución que podedes atopar na lapela de "Últimas convocatorias" está toda a información da convocatoria así como o baremo. As solicitude...

CONVOCATORIA PRAZAS MOBILIDADES ERASMUS+ PROFESORADO FP GRADO MEDIO E BÁSICO

Ábrese o prazo para presentar solicitudes para mobilidades de aprendizaxe por observación ou cursos formativos, dentro do proxecto 2023-1-ES01-KA121-VET-000147461.  PRAZOS: O prazo para presentar as solicitudes remata o mércores 23 de abril.  O día 24 publicarase a acta provisional e haberá 3 días naturais para reclamacións. O día 28 publicarase a acta definitiva de persoal do noso centro seleccionadas. Haberá que esperar a que o departamento de Programas Internacionais publique as mobilidades concedidas.   As mobilidades deberán estar finalizadas antes do 31 de Maio. O profesorado que desexe solicitar unha mobilidade deberá encargarse de buscar centro de acollida para aprendizaxe por observación ou curso reglado segundo o que se especifica nas bases da convocatoria. Na resolución que podedes atopar na lapela de "Últimas convocatorias" está toda a información da convocatoria así como o baremo. Dado o limitado dos prazos as solicitudes que se presenten deben vir pre...

ALUMNADO DO IES PLURILINGÜE A PARALAIA EN MALTA

  Os alumnos do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, Martín Herbello e Pablo Villanueva, viaxan a Malta grazas ao programa Erasmus+ para realizar a súa FCT. As prácticas desenvolveránse a empresa 9twenty Ltd. dende o 17 de Marzo ata o 30 de Maio. 

CONVOCATORIA ALUMNADO DE FP QUE TITULE NO 2024

O IES Plurilingüe A Paralaia está dentro do consorcio da Deputación de Pontevedra. O proxecto KA121 actual ofrece ao noso alumnado de Ciclos Medios e Formación Profesional Básica a oportunidade de facer unhas prácticas formativas en outro país. A duración media son 180 días (6 meses), de Setembro a Febreiro, aínda que se pode flexibilizar entre 90 e 365 días.  Accede a convocatoria para informarte sobre os requisitos de acceso e o baremo.  No apartado " Últimas convocatorias " tes a resolución da convocatoria e o formulario de solicitude.  Cubre a solicitude e envíaa a erasmusparalaia@gmail.com antes do 28 de marzo, xunto coa documentación requerida. 

XORNADAS INTERNALIZACIÓN EN SANTIAGO

As profesoras María Leal (Departamento de Inglés) e Raquel Pereira (Departamento de Electricidade), coordinadoras dos programas Erasmus+ nos ámbitos escolar e de formación profesional respectivamente, asistiron o sábado 15 de Febreiro a unha xornada de formación sobre internacionalización celebrada polo CAFI no EGAP en Santiago de Compostela.