Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2023

FCT do CM IEA en Alemaña

O alumno do IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña, Luis Xavier Magallanes, regresou esta semana da súa estancia de tres meses en Cuxhaven, Alemaña. Luis estivo realizando, grazas ao programa Erasmus+, as prácticas finais correspondentes co módulo de Formación en Centros de Traballo do Ciclo Medio en Instalacións Eléctricas e Automáticas.  Cuxhaven é unha cidade do norte de Alemaña, preto de Bremen e Hamburgo. O alumno desenvolveu os coñecementos adquiridos no instituto de xeito satisfactorio na empresa de instalacións eléctricas Elektrobau Wilhelm Grebe GmbH. Despois deste período de tempo no estranxeiro desexa animar a outros alumnos para que aproveiten esta experiencia tan enriquecedora e gratificante. Todo o alumnado de formación profesional ten que facer estas prácticas ao rematar a súa formación, e o programa Erasmus+ facilita os fondos para cubrir os gastos de viaxe e estancia fóra do país de orixe. Deste xeito ademais de traballar e completar a súa formación, os alumnos e alum...

PROFESORA DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS EN BOSNIA E HERZEGOVINA

A profesora do Departamento de Administración e Finanzas do IES A Paralaia, Delia Villamor, estivo, xunto con outros 23 profesores da comunidade autónoma galega, unha semana en Bosnia e Hercegovina, grazas ao proxecto 2020-1-ES01-KA107-079729. Unha experiencia enriquecedora visitando centros educativos con intereses comúns. Concretamente a nosa compañeira estivo no "Logos centar" College en Mostar, aínda que tamén visitou outro centro, o CEPS - Center for Business Studies, en Kiseljak, preto de Sarajevo.