Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2025

Martín e Pablo regresan de Malta tras unha enriquecedora experiencia Erasmus+

Martín Herbello e Pablo Entenza, alumnos do ciclo medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas do IES Plurilingüe A Paralaia, veñen de regresar de Malta tras completar dous meses e medio de prácticas nunha empresa en Valleta, grazas a un proxecto KA121-VET Erasmus+ . Durante a súa estancia, puideron poñer en práctica os coñecementos adquiridos no ciclo formativo, mellorar as súas competencias profesionais e, ao mesmo tempo, vivir unha experiencia cultural única noutro país europeo. Ademais, tiveron a oportunidade de mellorar o seu nivel de inglés convivindo e traballando nun entorno internacional. Ambos os dous destacan a experiencia como moi positiva e animan a outros compañeiros e compañeiras a aproveitar esta oportunidade : “É unha experiencia que paga a pena. Aprendes moito, tanto a nivel profesional como persoal”. No IES Plurilingüe A Paralaia seguimos traballando para que o noso alumnado poida seguir desfrutando destas oportunidades que ofrece o programa Erasmus+.