O profesor do Ciclo Medio de Mecanizado do IES Plurilingüe A Paralaia, Carlos Costas, atópase estes días en Novara, Italia, grazas ao proxecto 2023-1-ES01-KA121-VET-000147461 visitando o Istituto Tecnico Industriale G. OMAR, coñecendo a súa forma de traballar, os seus medios e instalacións, así como establecendo contactos para abrir novos destinos ao noso alumnado que desexe facer as súas FCT no estranxeiro.