O IES Plurilingüe A Paralaia está dentro do consorcio da Deputación de Pontevedra. O proxecto KA121 actual ofrece ao noso alumnado de Ciclos Medios e Formación Profesional Básica a oportunidade de facer unhas prácticas formativas en outro país. A duración media son 180 días (6 meses), de Setembro a Febreiro, aínda que se pode flexibilizar entre 90 e 365 días. Accede a convocatoria para informarte sobre os requisitos de acceso e o baremo. No apartado " Últimas convocatorias " tes a resolución da convocatoria e o formulario de solicitude. Cubre a solicitude e envíaa a erasmusparalaia@gmail.com antes do 28 de marzo, xunto coa documentación requerida.